No 2014, Roque Cameselle xunto aos seus dous amigos Coque Varela e Cristina Pena formaron a banda de punk-pop Paracetamol. O seu primeiro disco, titulado Enfermedades Comunes, foi publicado por Rumble Records en España e por Waterslide Records en Xapón. Producido por Pablo Novoa (Golpes Bajos) deron unha chea de concertos por toda España e foron teloneiros de artistas como Loquillo, La Fuga ou Aerolíneas Federales. Roque Cameselle tamén dirixiu o videoclip de presentación Art Decó.